miércoles, 9 de febrero de 2011

SABEDES QUEN É ESTE?



Este é Vincent Van Gogh, un pintor holandés que pintou máis de 900 cadros entre os que destacamos “Os xirasoles”, xa que é o disfraz que escollemos este ano para o entroido.

"OS XIRASOLES"




Vincent Van Gogh pintou este cadro en Arles mentras esperaba a visita dun pintor amigo seu, Paul Gauguin.
A intención de Van Gogh era que decorara as paredes da habitación do seu invitado xa que para el, a cor amarela das flores representaba a amizade e a esperanza, mentres que o xeito no que os xirasoles se abren simbolizan a gratitude.

Que vos parece?

No seguinte vídeo podemos ver como Van Gogh pintou esta obra.

miércoles, 19 de enero de 2011

Festival e visita dos Reis

O día 21 de decembro fixemos no noso cole o festival de Nadal. Pásamolo moi ben e actuamos como verdadeiros artistas, pero o mellor foi cando chegamos á aula e viñeron os Reis Magos que nos deixaron un regaliño para cada un de nós.

Graduados 2010

Aquí están os graduados e graduadas do curso pasado. Ánimo, estádelo facendo moi ben en primeiro!