lunes, 7 de noviembre de 2011

Ola a tod@s! Comeza un novo curso cheo de novas sorpresas e novos retos. A primeira é coñecer aos novos alumnos e alumnas da nosa escola, os pequerrechos de 3 anos. Benvidos a todos! Por outra banda queremos desexarlles un bo curso aos maiores que nos deixaron para incorporarse ao "cole grande". Que saibades que vos botaremos de menos aínda que esteades aquí ó lado... Un bico para todos e todas de parte das profes, MUUUUAAAAK!!!

jueves, 7 de abril de 2011

SEMANA DA PRENSA

Os pequenos sabemos mirar o xornal. Na Semana da Prensa traballamos o xornal e descubrios cousas moi interesantes.

lunes, 4 de abril de 2011

Como traballan os pais e nais na nosa escola! 
Moitas grazas a tod@s. 
Os resultados foron estupendos e o desfile todo un éxito.

    

Para celebrar o entroido viñemos disfrazados ao cole. 
Mirade que guapos!
Despois entrounos fame e subimos a merendar cos mayores. Menuda comilona!

miércoles, 9 de febrero de 2011

SABEDES QUEN É ESTE?



Este é Vincent Van Gogh, un pintor holandés que pintou máis de 900 cadros entre os que destacamos “Os xirasoles”, xa que é o disfraz que escollemos este ano para o entroido.

"OS XIRASOLES"




Vincent Van Gogh pintou este cadro en Arles mentras esperaba a visita dun pintor amigo seu, Paul Gauguin.
A intención de Van Gogh era que decorara as paredes da habitación do seu invitado xa que para el, a cor amarela das flores representaba a amizade e a esperanza, mentres que o xeito no que os xirasoles se abren simbolizan a gratitude.

Que vos parece?

No seguinte vídeo podemos ver como Van Gogh pintou esta obra.

miércoles, 19 de enero de 2011

Festival e visita dos Reis

O día 21 de decembro fixemos no noso cole o festival de Nadal. Pásamolo moi ben e actuamos como verdadeiros artistas, pero o mellor foi cando chegamos á aula e viñeron os Reis Magos que nos deixaron un regaliño para cada un de nós.

Graduados 2010

Aquí están os graduados e graduadas do curso pasado. Ánimo, estádelo facendo moi ben en primeiro!

lunes, 17 de enero de 2011

Benvid@s!!!

Este é o novo blog de educación infantil do cole de Tirán.
Somos Eva e Noela, as titoras dos nenos e nenas de infantil e neste blog iremos contando as cousas que pasan nas nosas aulas.
Vós tamén podedes colaborar deixando os vosos comentarios.
Un saúdo.

domingo, 9 de enero de 2011

Ola!

Benvidos a todos e todas.