lunes, 4 de abril de 2011

Como traballan os pais e nais na nosa escola! 
Moitas grazas a tod@s. 
Os resultados foron estupendos e o desfile todo un éxito.

    

Para celebrar o entroido viñemos disfrazados ao cole. 
Mirade que guapos!
Despois entrounos fame e subimos a merendar cos mayores. Menuda comilona!

miércoles, 9 de febrero de 2011

SABEDES QUEN É ESTE?



Este é Vincent Van Gogh, un pintor holandés que pintou máis de 900 cadros entre os que destacamos “Os xirasoles”, xa que é o disfraz que escollemos este ano para o entroido.

"OS XIRASOLES"




Vincent Van Gogh pintou este cadro en Arles mentras esperaba a visita dun pintor amigo seu, Paul Gauguin.
A intención de Van Gogh era que decorara as paredes da habitación do seu invitado xa que para el, a cor amarela das flores representaba a amizade e a esperanza, mentres que o xeito no que os xirasoles se abren simbolizan a gratitude.

Que vos parece?

No seguinte vídeo podemos ver como Van Gogh pintou esta obra.