lunes, 7 de noviembre de 2011
Ola a tod@s!
Comeza un novo curso cheo de novas sorpresas e novos retos. A primeira é coñecer aos novos alumnos e alumnas da nosa escola, os pequerrechos de 3 anos. Benvidos a todos!
Por outra banda queremos desexarlles un bo curso aos maiores que nos deixaron para incorporarse ao "cole grande". Que saibades que vos botaremos de menos aínda que esteades aquí ó lado...
Un bico para todos e todas de parte das profes, MUUUUAAAAK!!!
jueves, 7 de abril de 2011
SEMANA DA PRENSA
Os pequenos sabemos mirar o xornal. Na Semana da Prensa traballamos o xornal e descubrios cousas moi interesantes.
lunes, 4 de abril de 2011
miércoles, 9 de febrero de 2011
SABEDES QUEN É ESTE?
Este é Vincent Van Gogh, un pintor holandés que pintou máis de 900 cadros entre os que destacamos “Os xirasoles”, xa que é o disfraz que escollemos este ano para o entroido.
"OS XIRASOLES"
Vincent Van Gogh pintou este cadro en Arles mentras esperaba a visita dun pintor amigo seu, Paul Gauguin.
A intención de Van Gogh era que decorara as paredes da habitación do seu invitado xa que para el, a cor amarela das flores representaba a amizade e a esperanza, mentres que o xeito no que os xirasoles se abren simbolizan a gratitude.
Que vos parece?
No seguinte vídeo podemos ver como Van Gogh pintou esta obra.
miércoles, 19 de enero de 2011
Festival e visita dos Reis
O día 21 de decembro fixemos no noso cole o festival de Nadal. Pásamolo moi ben e actuamos como verdadeiros artistas, pero o mellor foi cando chegamos á aula e viñeron os Reis Magos que nos deixaron un regaliño para cada un de nós.
Graduados 2010
Aquí están os graduados e graduadas do curso pasado. Ánimo, estádelo facendo moi ben en primeiro!
lunes, 17 de enero de 2011
Benvid@s!!!
Este é o novo blog de educación infantil do cole de Tirán.
Somos Eva e Noela, as titoras dos nenos e nenas de infantil e neste blog iremos contando as cousas que pasan nas nosas aulas.
Vós tamén podedes colaborar deixando os vosos comentarios.
Un saúdo.
Somos Eva e Noela, as titoras dos nenos e nenas de infantil e neste blog iremos contando as cousas que pasan nas nosas aulas.
Vós tamén podedes colaborar deixando os vosos comentarios.
Un saúdo.
domingo, 9 de enero de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)